Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 9 de xaneiro de 2017 Páx. 1035

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de licitación do procedemento aberto para a contratación da subministración, en lote único, de 120 contedores de residuos sólidos urbanos de 800 litros (fracción resto) e de 120 contedores de residuos sólidos urbanos de 800 litros (fracción envases lixeiros), destinados á recollida relizada polo Servizo de Augas e Medio Ambiente.

No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións do procedemento aberto para a contratación da subministración en lote único de 120 contedores de RSU de 800 litros (fracción resto) e de 120 contedores de RSU de 800 litros (fracción envases lixeiros), destinados á recollida realizada polo Servizo de Augas e Medio Ambiente da Deputación Provincial de Ourense, cun gasto autorizado de 36.000 € (IVE e demais tributos incluídos). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no DOG, a través da plataforma www.leal.gal, única e exclusivamente. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no prego de condicións a que poderá accederse gratuitamente a través do perfil do contratante na web da Deputación (www.depourense.es), ou na plataforma www.leal.gal. As solicitudes de información poderán formularse telefonicamente 988 31 75 40 ante o Servizo de Contratación.

Sen prexuízo de calquera outro recurso que se considere procedente, o prego de condicións, os anuncios de licitación e os demais documentos contractuais que establezan as condicións que teñan que rexer a licitación serán susceptibles de recurso potestativo de reposición ante a Presidencia da Deputación no prazo dun mes e, alternativamente, de recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses, contados ambos os prazos desde o día seguinte ao da publicación dos anuncios de licitación ou, de ser o caso, da última publicación (se non fosen simultáneos).

Ourense, 28 de decembro de 2016

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense