Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 9 de xaneiro de 2017 Páx. 974

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Pontevedra (expediente IN407A 2016/532-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Lago Aves Huevos y Caza, S.A.

Domicilio social: polígono industrial O Vao, 1, Campañó, 36157 Pontevedra.

Denominación: instalación fotovoltaica de autoconsumo en Campañó.

Situación: Pontevedra.

Características técnicas: instalación solar fotovoltaica de autoconsumo cunha potencia nominal de 262,80 kWp. A instalación consta de 1.095 módulos e 3 inversores, 2 de 100 kW e 1 de 30 kW, instalados sobre a cuberta dunha nave industrial, ocupando unha superficie de 2.800 metros cadrados. A instalación está situada en Campañó, Pontevedra.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 15 de novembro de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra