Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 9 de xaneiro de 2017 Páx. 994

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 2 de xaneiro de 2017 pola que se anuncia a corrección de erros no prego de prescricións técnicas publicado mediante Resolución do 19 de decembro de 2016, pola que se anuncia a licitación, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria e anticipada de gasto, da subministración de equipamento de videoconferencia para a Administración de xustiza en Galicia, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (expediente 2017/PA/0006), e se abre un novo prazo de presentación de ofertas.

Como consecuencia da corrección de erros no prego de prescricións técnicas para a referida contratación, anunciada mediante a Resolución do 19 de decembro de 2016 e publicada no Diario Oficial de Galicia número 244, do 23 de decembro, procédese a:

Primeiro. Facer público o contido da corrección de erros no seguinte enderezo:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=93967

Segundo. Esta corrección afecta o prazo de presentación de ofertas recollido no punto 8 da dita resolución.

O prazo de admisión de proposicións rematará o día que resulte de contar quince (15) días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo for festivo ou inhábil, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2017

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia