Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 9 de xaneiro de 2017 Páx. 946

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 27 de decembro de 2016 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

Mediante Orde do 16 de novembro de 2016, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 227, do 28 de novembro, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei e polo artigo 17.4 do citado decreto,

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlle o destino no posto de traballo que se indica á persoa funcionaria que se relaciona no anexo da presente orde.

Segundo. O cesamento no actual destino efectuarase, segundo o previsto no artigo 14 do citado Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, no prazo de tres días contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para tomar posesión no novo destino obtido será de tres días hábiles, se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles, se comporta cambio de residencia. Cando o/a adxudicatorio/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles.

Terceiro. A xefatura do centro en que cause baixa a persoa funcionaria, así como a daquel no que obteña praza, realizará dentro dos prazos sinalados no punto anterior as dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se dará traslado á Dirección Xeral da Función Pública.

Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2016

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Apelidos e nome: Isabel Canosa Carballo.

NRP ou DNI: 4482472035A2053.

Subgrupo: C1.

Corpo ou escala: administrativo da Xunta de Galicia.

Posto de traballo: secretario/a do secretario/a xeral.

Código do posto: ED.301.00.000.15770.001.

Nivel: 18.

Centro directivo: Secretaría Xeral de Cultura.

Localidade: Santiago de Compostela.