1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:
a) Organismo: Instituto Galego de Consumo.
b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia do Instituto Galego de Consumo.
c) Obtención de documentación e información:
1º. Dependencia: Servizo de Asuntos Xerais.
2º. Enderezo: avda. Gonzalo Torrente Ballester nº 1-5 baixo.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.
4º. Teléfono: 981 54 53 91 (consultas administrativas) 981 54 53 90 (consultas técnicas).
5º. Telefax: 981 54 45 98.
6º. Enderezo electrónico: igc.xerencia@xunta.gal
7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=93011
8º. Data límite de obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.
d) Número de expediente: 1/2017 IGC.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: de servizos.
b) Descrición: servizo de apoio e asesoramento técnico á Xunta Arbitral de Consumo de Galicia na xestión do sistema arbitral de consumo e ao Instituto Galego de Consumo.
c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.
d) Lugar de execución/entrega: o Instituto Galego de Consumo, Santiago de Compostela (A Coruña).
e) Prazo de execución/entrega: será de 24 meses.
f) Admisión de prórroga: si.
g) Establecemento dun acordo marco: non.
h) CPV: 98390000-3.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria, anticipada e documentalmente simplificada.
b) Procedemento: aberto.
c) Poxa electrónica: non.
d) Criterios de adxudicación: os sinalados no punto 7.5 do prego de cláusulas administrativas particulares e na alínea A do seu cadro de criterios de adxudicación do contrato.
4. Valor estimado do contrato: 180.000 euros.
5. Orzamento base de licitación:
a) Importe neto 120.000 euros (IVE excluído). IVE: 25.200 euros. Importe total 145.200 euros.
6. Garantías exixidas:
Provisional: non se exixe.
Definitiva (%): 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación: non se exixe.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: deberá acreditarse nos termos especificados no punto 5 do prego de cláusulas administrativas particulares e na alínea F do seu cadro de características.
c) Outros requisitos específicos: non.
d) Contratos reservados: non.
8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: quince días naturais, que se contarán desde o seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).
b) Modalidade de presentación: segundo o disposto no punto 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1º. Dependencia: Oficina do Rexistro da Xerencia do Instituto Galego de Consumo.
2º. Enderezo: avda. Gonzalo Torrente Ballester nº 1-5 baixo.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.
4º. Enderezo electrónico: igc.xerencia@xunta.gal
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: durante os prazos sinalados nos parágrafos 2 e 3 do artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.
9. Apertura de ofertas:
a) Descrición: apertura pública.
b) Enderezo: avda. Gonzalo Torrente Ballester nº 1-5.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.
d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante a data e a hora da apertura dos sobres B e C.
10. Gastos de publicidade: 5,42 euros por liña, IVE incluído; serán por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2016
Sol María Vázquez Abeal
Presidenta do Instituto Galego de Consumo