Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 5 de xaneiro de 2017 Páx. 709

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Tui

EDICTO (418/2014).

José Antonio Pascual Calderón, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Tui, polo presente, anuncio:

No presente procedemento ordinario 418/2014 seguido por instancia de Autos Brea, S.L. fronte a Estructuras Esporfran, S.L. ditouse sentenza, cuxo extracto é o seguinte:

Sentenza.

Tui, 17 de novembro de 2015.

Ana Isabel Cabido Quintas, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Tui e o seu partido xudicial, viu os autos de xuízo ordinario, rexistrados co número 418/2014, promovidos pola entidade Autos Brea, S.L., representada polo procurador dos tribunais Enrique Pérez Estévez e asistido por Gerardo Acosta Santos en substitución de Mario Marcos Martínez, contra a entidade Estructuras Esporfran, S.L., sobre reclamación de cantidade no exercicio dunha acción de responsabilidade contractual.

Decido que estimo integramente a demanda formulada polo procurador dos tribunais Enrique Pérez Estévez, actuando en nome e representación de Autos Brea, S.L., contra Estructuras Esporfran, S.L. e, en consecuencia, condeno a demandada a aboar á demandante a cantidade de 15.271,84 euros, máis o xuro legal correspondente á suma do tipo de xuro aplicado polo Banco Central Europeo na súa máis recente operación principal de financiamento efectuado antes do primeiro día do semestre natural de que se trate, máis oito puntos porcentuais, así como ao pagamento das custas.

Esta resolución debe ser notificada ás partes, facéndolles saber que non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación que se interpoñerá ante este xulgado para o seu coñecemento e resolución pola Audiencia Provincial de Pontevedra.

E encontrándose o devandito demandado, Estructuras Esporfran, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Tui, 19 de novembro de 2015

O secretario xudicial