Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 5 de xaneiro de 2017 Páx. 732

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 15 de decembro de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico da modificación puntual do PXOM no ámbito do Plan especial do Campus (PE-8), vivendas San Ignacio de Loyola, no concello de Santiago de Compostela (expediente 2016AAE1955; código 1862/2016).

De acordo co artigo 31 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público o informe ambiental estratéxico do 14 de decembro de 2016, sobre a modificación puntual do PXOM no ámbito do Plan especial do Campus (PE-8), vivendas San Ignacio de Loyola, no concello de Santiago de Compostela.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: http://cmaot.xunta.gal/busca-por-palabra-clave

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2016

María Cruz Ferreira Costa
Secretaria xeral de Calidade e Avaliación Ambiental