Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 4 de xaneiro de 2017 Páx. 456

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (21/2014).

Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 21/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Manuel Moledo Gueto contra María del Carmen Olveira Barraza e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Acordo:

– Admitir a demanda presentada.

– Citar as partes para que comparezan o día 16 de febreiro de 2017 ás 10.15 horas na planta baixa, sala 1, Edificio da rúa Berlín, ao acto de conciliación ante o/a letrado/a da Administración de xustiza e, en caso de non avinza, ás 10.20 horas do mesmo día, na planta baixa, sala 1, Edificio da Rúa Berlín, ao acto de xuízo.

– Advírtase ás partes que en caso de non compareceren nin alegaren causa xusta que motive a suspensión dos actos de conciliación ou xuízo, o demandante non comparecido será tido por desistido da súa demanda. A non comparecencia do demandado non impide a celebración dos actos de conciliación e xuízo, continuando o procedemento, sen necesidade de declarar a súa rebeldía.

– Respecto aos outrosís solicitados para os efectos previstos no artigo 81.4 da LXS, paso dar conta ao xuíz.

Ademais, tense por anunciado o propósito de comparecer asistido/a representado/a de avogado/a ou graduado social para os efectos do artigo 21.2 da LXS e por designado domicilio para os efectos de comunicacións, artigo 53 da LXS.

– Antes da notificación desta resolución ás partes, paso a dar conta á súa señoría do sinalamento efectuado.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a María del Carmen Olveira Barraza, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza