Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 4 de xaneiro de 2017 Páx. 501

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de concurso público para o alleamento ou constitución dun dereito de superficie de parcelas do Plan de sectorizacion do solo rústico apto para urbanizar industrial Outeda-Curro (Barro).

O Pleno da Corporación Provincial de Pontevedra, en sesión extraordinaria do día 28 de decembro de 2016, aprobou o expediente de alleamento ou a constitución dun dereito de superficie, mediante concurso público, de varias parcelas (48) resultantes do proxecto de parcelación do Plan de sectorización do solo rústico apto para urbanizar (SRAU) industrial Outeda-Curro, no municipio de Barro, Pontevedra, polo que se fai a seguinte convocatoria:

1. Obxecto.

O alleamento ou a constitución dun dereito de superficie, a través de procedemento aberto, de 48 parcelas resultantes do proxecto de parcelación do Plan de sectorización do solo rústico apto para urbanizar (SRAU) industrial Outeda-Curro, no municipio de Barro, Pontevedra.

2. Garantías.

Os licitadores deberán constituír garantía provisional equivalente ao 2 % do importe tipo ou base de licitación previsto no anexo 4 do prego, IVE excluído; no suposto de optar pola constitución dun dereito de superficie, a garantía provisional que hai que constituír será equivalente a media anualidade do canon tipo ou base de licitación, previsto no anexo 4, IVE excluído.

A garantía consignarase, exclusivamente, na Caixa da Deputación de Pontevedra, en calquera das formas previstas no artigo 96 do TRLCSP.

En canto á garantía definitiva e, se é o caso, á garantía de pagamento fraccionado, regúlase na cláusula 19ª do prego.

3. Prazo de presentación de proposicións.

As proposicións para tomar parte na presente contratación poderán presentarse no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra, avenida Montero Ríos, s/n, CP 36071, ou na oficina periférica de Vigo, sita na rúa Porto 3, 36201, no prazo dun mes contado desde a última publicación do anuncio de licitación (BOP ou DOG).

4. Cualificación da documentación e apertura de proposicións.

A apertura do sobre B, correspondente á proposición técnica, terá lugar en acto público ás 10.00 horas do quinto día hábil seguinte ao día en que remate o prazo sinalado para a presentación de ofertas; en canto aos sobres A, documentación administrativa, e C, proposición económica, observarase o disposto na cláusula 17ª do prego.

5. Información.

Os pregos de cláusulas económico-administrativas, así como os seus cinco anexos, poderán consultarse na páxina web da Deputación: www.depontevedra.es. Así mesmo, o teléfono de información é 886 21 03 85.

Pontevedra, 28 de decembro de 2016

P.D. (Resolución 2016007829, do 25.4.2016)
Carlos López Font
Deputado delegado de Economía,
Facenda e Réxime Interior

Carlos Cuadrado Romay

Secretario