Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 4 de xaneiro de 2017 Páx. 492

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 19 de decembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-CO-0349/2016-PRE e catro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-CO-0349/2016-PRE e catro máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c), da mesma lei.

A Coruña, 19 de decembro de 2016

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-CO-0349/2016-PRE.

Persoa interesada: José Eugenio Tasende Novo.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: r/ do Agro, 1, Malpica Bergantiños.

Expediente: PSC-CO-0358/2016-PPM.

Persoa interesada: Jorge Alberto Conde Medina.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Rebordelo, 17, baixo, Boiro.

Expediente: PSC-CO-0362/2016-PPM.

Persoa interesada: Fernando Andón Yáñez.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: avda. Vilaboa, 127, 1º S, Culleredo.

Expediente: PSC-CO-0379/2016-PPM.

Persoa interesada: Elvira Carmen Vilela Arias.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: r/ Arenal, 9, 3º, Malpica de Bergantiños.

Expediente: PSC-CO-0382/2016-PPM.

Persoa interesada: Juan Carlos Sampedro Pérez.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: lug. Covelo, Urb. Nova Cidade, 1, 1º B, Ribeira.