Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 4 de xaneiro de 2017 Páx. 481

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTA PO 707 e CTI Bustelo, no concello de Silleda, do que resulta como beneficiaria a empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. (expediente IN407A 2016/233-4).

A instalación denominada LMTA PO 707 e CTI Bustelo, no concello de Silleda, foi declarada de utilidade pública mediante Resolución do 27 de outubro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa Unión Fenosa Distribución, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 54.1 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 31 de xaneiro de 2017, a partir das 10.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do concello de Silleda.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na que se lle comunicará a data e a hora na que deberán presentarse nos seus predios, informándolles de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Esta publicación servirá de comunicación para os titulares daqueles predios que figuran como descoñecidos ou se ignora o lugar de notificación, de acordo co establecido no artigo 45.1.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 15 de decembro de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

LMTA PO 707 e CTI Bustelo-Silleda

Paraxe

Cultivo

Nome e apelidos

Nº apoio

m2 chan

ml aéreo

m2 aéreo

Concello

1

Naval

Agrario

Mª Carmen González García

1

12,96

13,21

58,37

Silleda

2

Decoita

Agrario

Nélida Collazo Villanueva

2-3

14,58

159,00

1.915,26

Silleda

3

Decoita

Agrario

José Maceira Froiz

3-4

10,62

117,55

1.399,70

Silleda