Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 4 de xaneiro de 2017 Páx. 469

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 12 de decembro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente PES-LU 0021/2016-V e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos obxecto de notificación foron adoptados pola Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, na sede da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A citada xefatura territorial ten a súa sede na rolda da Muralla, nº 70-2º do termo municipal de Lugo.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 12 de decembro de 2016

O/a xefe/a territorial de Lugo
P.S. (Resolución do 8.2.2016)
Carlos Vila Pérez
Xefe territorial de Lugo da Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANEXO

Expediente

Interesados

Acto notificado

PES-LU 0021/2016-V

Martín Ceide Fonpedriña

Resolución de procedemento sancionador

PES-LU 0046/2016-V

Celso Franco López

Iniciación de procedemento sancionador

PES-LU 0056/2016-V

Enrique Francisco Romero Vázquez

Iniciación de procedemento sancionador