Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 4 de xaneiro de 2017 Páx. 495

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2016 pola que se fai pública a formalización do acordo marco do servizo de elaboración, produción e plan de medios da campaña de promoción dos recursos naturais e culturais do turismo de Galicia durante o ano 2016, tramitado por procedemento aberto, con pluralidade de criterios e documentalmente simplificado, cofinanciado no 80 % polo programa operativo Feder Galicia 2014/2020 (PI 6.3.2) e suxeito a regulación harmonizada.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Data de publicación no perfil do contratante: 21 de outubro de 2015.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: renovación, actualización e evolución da campaña de promoción dos recursos naturais e culturais do turismo de Galicia durante o ano 2016.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e suxeita a regulación harmonizada.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: baseada en pluralidade de criterios e cofinanciado no 80 % polo P.O. Feder Galicia 2014/2020 (PI 6.3.2).

4. Orzamento base de licitación.

Importe sen IVE: 3.328.429,75 €.

IVE (21 %): 698.970,25 €.

Importe total IVE incluído: 4.027.400,00 €.

5. Formalización do acordo marco.

a) Data de adxudicación: 27 de abril de 2016.

b) Data de formalización do acordo marco: 18 de maio de 2016.

c) Adxudicatarias acordo marco: Avante Marketing y Medios, S.L., Proximia Havas, S.L. e C Grupo de Empresas de Comunicación, Marketing e Investigación, S.A.

d) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

e) Adxudicación e formalización dos contratos:

1º. Contrato verán:

Adxudicataria: Avante, Marketing y Medios, S.L., NIF B70131180.

Data de adxudicación: 8 de xuño de 2016.

Importe máximo de adxudicación: 1.929.948,85 €.

Data de formalización: 13 de xuño de 2016.

2º. Contrato outono:

Adxudicataria: Proximia Havas, S.L., NIF B63968267.

Data de adxudicación: 23 de setembro de 2016.

Importe máximo de adxudicación: 362.660,41 €.

Data de formalización: 26 de setembro de 2016.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2016

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia