Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 3 de xaneiro de 2017 Páx. 244

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 30 de setembro de 2016 pola que se convocan probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a superior de investigación, radiofísica, grupo I, pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre, vacante no cadro de persoal laboral desta universidade.

Advertida falta de correspondencia clara entre a versión galega e castelán dalgúns temas que compoñen o programa específico que figura no anexo II da citada convocatoria publicada no Diario Oficial de Galicia número 197, do 17 de outubro de 2016, procede substituílo integramente polo que se insire.

«ANEXO II
Denominación da praza: técnico/a superior de investigación, radiofísica

Programa

Coñecementos específicos:

1. Radiación: magnitudes radiométricas. Fluencia e fluencia en enerxía. Taxa de fluencia e taxa de fluencia en enerxía. Enerxía impartida e transferida a partículas cargadas.

2. Radiación: magnitudes dosimétricas. Kerma, cema e dose. Exposición e taxa de exposición. Constante de taxa de kerma en aire para radionucleidos.

3. Interacción de fotóns coa materia: efecto fotoeléctrico, Compton, produción de pares e reaccións fotonucleares.

4. Interacción de neutróns ca materia: procesos elásticos e inelásticos. Moderación de neutróns. Procesos de captura e blindaxe fronte a neutróns.

5. Interacción de partículas cargadas coa materia: electróns e ións. Poder de freado e fórmula de Bethe-Bloch. Factores de corrección por efecto densidade e de capas.

6. Transferencia lineal de enerxía e transferencia lineal de enerxía restrinxida. Alcance das partículas cargadas. Dispersión de enerxía e de transmisión lonxitudinal e transversal.

7. Coeficientes macroscópicos de interacción en feixes de fotóns e neutróns. Coeficiente de atenuación total. Coeficiente de transferencia de enerxía. Coeficiente de absorción de enerxía.

8. Capa hemirredutora e decimorredutora. Determinación da calidade de feixe dun feixe de fotóns de raios X. Determinación da calidade dun feixe de radiación de megavoltaxe.

9. Principios de detección de radiación. Detección directa e indirecta de radiación. Características xerais dun sistema de medida de radiación.

10. Sistemas de detección en modo integrador e pulso a pulso. Aceptancia xeométrica. Eficiencia intrínseca. Resolución en enerxía. Tempo morto.

11. Sistemas de detección baseados en materiais escintiladores. Escintiladores orgánicos e inorgánicos. Fotodetectores.

12. Sistemas baseados en semicondutores. Detectores de semicondutor crioxénico e a temperatura ambiente.

13. Estatística dos sistemas de detección da radiación. Medidas de centralidade e dispersión. Distribución gaussiana e de Poisson. Incerteza estatística da contaxe de pulsos de radiación.

14. Propagación de incertezas na medida. Incerteza típica. Incerteza de tipo A e B. Incerteza combinada. Correlación entre as fontes de incerteza e covarianza. Sistema Internacional de Unidades. Normas de escritura: ISO-31-0.

15. Sinal electrónica dunha cámara de ionización en modo pulsado. Principio de indución eléctrica. Teorema de Ramo.

16. Dosimetría baseada en cámaras de ionización de aire e líquidas. Principios xerais de deseño: cámaras cilíndricas e planoparalelas. Aplicación dosimétrica.

17. Dosimetría baseada en díodo semicondutor de silicio. Características e limitacións. Aplicación dosimétrica.

18. Dosimetría baseada en película radiocrómica. Principios de funcionamento. Características e limitacións. Aplicación dosimétrica.

19. Dosimetría baseada en TLD. Principios de funcionamento. Características e limitacións. Aplicación dosimétrica.

20. Recombinación en volume para cámaras de ionización. Modelo de Greening e fórmula de Boag. Determinación do factor de saturación. Diagrama de Jaffe.

21. Principios de dosimetría. Teoría de Bragg-Gray da cavidade. Modelo de Spencer-Attix. Modelo de Burlin.

22. Kerma e dose. Equilibrio de partículas cargadas. Equilibrio transitorio de partículas cargadas. Rexión de build-up nun medio material irradiado. Equilibrio transversal de partículas cargadas.

23. Efectos radiobiolóxicos da radiación. Eficiencia radiobiolóxica. Modelo lineal cuadrático. Magnitudes limitadoras e magnitudes operacionais. Equivalente de dose. Equivalente de dose ambiental e equivalente de dose persoal. Dose equivalente en órgano. Factores de ponderación da radiación. Dose efectiva.

24. Unidade de telecobaltoterapia. Principios de funcionamento e deseño. Caracterización dosimétrica do feixe.

25. Acelerador lineal de electróns para radioterapia. Principios de funcionamento e deseño. Caracterización dosimétrica dos feixes de megavoltaxe.

26. Acelerador lineal de electróns para radioterapia. Caracterización dosimétrica dos feixes de electróns de alta enerxía.

27. Principio ALARA na protección radiolóxica. Blindaxe, tempo e distancia. Clasificación das áreas de exposición á radiación. Requisitos de vixilancia dosimétrica. Protección radiolóxica operacional. Valores legais máximos da exposición á radiación.

28. Lexislación e normativa no ámbito da protección radiolóxica e instalacións radioactivas de investigación. Procedementos operacionais en instalacións radioactivas de investigación. Garantía de calidade en instalacións con radiacións ionizantes.

29. Actuación en emerxencias radiolóxicas. Aspectos legais e administrativos específicos en instalacións de uso de radiacións ionizantes de investigación.

30. Calibración dos sistemas cámara-electrómetro en nivel de terapia. Códigos de práctica internacional de dosimetría baseada en patróns de dose absorbida en auga. Protocolo TRS398 da OIEA.

31. Medida da dose mediante sistema cámara de ionización-electrómetro. Sistemas de análise de feixe e medidas en maniquíes equivalentes a auga. Factores de corrección para as lecturas das cámaras de ionización.

32. Sistemas de planificación en radioterapia. Definición dos volumes de planificación (GTV, CTV, ITV e PTV). Optimización das incidencias e pesos relativos dos feixes. Avaliación e verificación dosimétrica do tratamento.

33. Requisitos e normativa de conformidade dos laboratorios de ensaio e calibración. Obxecto, campo de aplicación e implantación da norma UNE-EN ISO/IEC 17025. Requisitos de xestión e técnicos en laboratorios de calibración.

34. Requisitos técnicos específicos para laboratorios de calibración na magnitude dose absorbida en auga na calidade de feixe de referencia 60Co en nivel de terapia.

35. Acreditación e mantemento do sistema de calidade na norma UNE-EN ISO/IEC 17025. Auditorías e non conformidades.

36. Medida de equivalente de doses ambiental e/ou direccional. Norma EN 60846.

37. Radiación X e gamma de referencia para a calibración de dosímetros. Procedementos de calibración. Norma ISO 4037.

38. Efectos da radiación sobre compoñentes e sistemas electrónicos. Irradiación de compoñentes e sistemas de acordo a norma ESA/SCC No. 22900 (1988). Normas ASTM E170 e ASTM E666.

39. Buses estándar de adquisición de datos: RS232, GPIB, LXI, PXI e USB. Características xerais. Ancho de banda e latencia.

40. Sistemas automáticos de adquisición de datos. Programación en linguaxe G. Software de programación gráfica LabView.

Coñecementos non específicos:

1. A Constitución española de 1978: estrutura e contido. Dereitos e liberdades. A súa garantía e suspensión. O Defensor do Pobo. O Tribunal Constitucional.

2. O acto administrativo. Requisitos e eficacia dos actos administrativos. Nulidade e anulabilidade dos actos administrativos.

3. O procedemento administrativo común. Iniciación, ordenación, instrución e finalización. A revisión dos actos en vía administrativa.

4. Os recursos administrativos.

5. A Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades.

6. Texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público: clases de persoal ao servizo das administracións públicas. Dereitos e obrigas. Código de conduta do empregado público.

7. Texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores: dereitos e deberes laborais básicos. Clasificación profesional e promoción no traballo. Mobilidade funcional e xeográfica. Dos dereitos de representación colectiva e de reunión dos traballadores na empresa. Da negociación dos convenios colectivos.

8. O Convenio colectivo para o persoal laboral da USC.

9. Estatutos da USC (1): órganos de goberno unipersoais e colexiados. O persoal de administración e servizos.

10. Estatutos da USC (2): réxime económico e a programación plurianual.

11. Estrutura das ensinanzas universitarias oficiais. As ensinanzas universitarias oficiais: grao, máster e doutoramento.

12. Lei de prevención de riscos laborais: dereitos e obrigas.

13. Dereitos e deberes lingüísticos na USC.

14. Políticas públicas para a igualdade efectiva de homes e mulleres.

15. A calidade na universidade española. Organismos que xestionan a mellora da calidade nas universidades. Instrumentos utilizados para a xestión, mellora e avaliación da calidade universitaria: conceptos básicos.

Nota: as referencias normativas deste programa poden verse afectadas polas modificacións que se produzan ata a data do exame, e nese caso deben entenderse refiridas á lexislación en vigor.»