Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 3 de xaneiro de 2017 Páx. 303

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 22 de decembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-CO-1019/2016-V e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-CO-1019/2016-V e un máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c), da mesma lei.

A Coruña, 22 de decembro de 2016

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-CO-1019/2016-V.

Persoa interesada: Rafael Oubiña Rivadulla.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: r/ Atalaya, 18, 2º B, A Pobra do Caramiñal.

Expediente: PSC-CO-1042/2016-V.

Persoa interesada: Casto Darío Canosa Insua.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: San Martiño de Abaixo, 29, Fisterra.