De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
O acto adoptouse por quen se indica no anexo.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, sita na r/ avenida da Habana, nº 79, 5ª planta, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Ourense, 12 de decembro de 2016
Victoria Núñez López
Xefa territorial de Ourense
ANEXO
Expediente: PES-OU-84/2016-V.
Interesado: Emanuel Craciun.
Acto de notificación: acordo de incoación de procedemento sancionador.
Acto adoptado: pola xefa territorial.