Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 3 de xaneiro de 2017 Páx. 255

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 185/2016).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 185/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Alberto Monteagudo García, José Silva Domínguez, Agustín Garzón Ramírez, Juan Rodríguez González, José Ángel Vázquez Davila e Enrique Franco Souto contra La Reigosa, S.L., sobre ordinario, se ditaron as resoluciones en que se acorda:

Despachar orde xeral de execución da sentenza ditada con data 16.6.2016 no procedemento ordinario seguido ante este xulgado co nº de autos 6/16, aclarada por auto do 12.12.2016 a favor da parte executante, José Alberto Monteagudo García, José Silva Domínguez, Agustín Garzón Ramírez, Juan Rodríguez González, José Ángel Vázquez Davila e Enrique Franco Souto, fronte a La Reigosa, S.L., parte executada, por importe de 43.069,10 euros de principal (dos cales corresponden a José A. Monteagudo García 5,443,46 euros de principal e 544,34 euros de xuro de mora procesual do 10 %, a José Silva Domínguez 6.567,25 euros de principal e 656,72 euros de xuro de mora procesual do 10 %, a Agustín Garzón Ramírez 7.167,95 euros de principal e 716,79 euros de xuro de mora procesual do 10 %, a Juan Rodríguez González 7.543,87 euros de principal e 754,38 euros de xuro de mora procesual do 10 %, a José Ángel Vázquez Davila 6.470,46 euros de principal e 647,04 euros de xuro de mora procesual do 10 % e a Enrique Franco Soto 5.960,77 euros de principal e 596,07 euros de xuro de mora procesual do 10 %) e de 4.306,91 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

En cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previo á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada La Reigosa, S.L., dar audiencia previa á parte demandante José Alberto Monteagudo García, José Silva Domínguez, Agustín Garzón Ramírez, Juan Rodríguez González, José Ángel Vázquez Davila e Enrique Franco Souto e ao Fondo de Garantía Salarial, por termo de quince días, para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado acordarase o procedente.

E para que sirva de notificación en legal forma a La Reigosa, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 13 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza