Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 2 de xaneiro de 2017 Páx. 88

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (947/2015).

María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento seguridade social 947/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mutual Midat Cyclops contra Masalo 10, S.L.U., Instituto Nacional da Seguridade Social, sobre seguridade social, se ditou sentenza, cuxa resolución di:

Que estimando parcialmente a demanda que en materia de cantidade interpuxo MC Mutual Midat Cyclops, mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais nº 1, contra a entidade Masalo 10, S.L.U. e o Instituto Nacional da Seguridade Social, debo condenar e condeno a entidade Masalo 10, S.L.U. a que reintegre á Mutua a cantidade de 1.684,64 € en concepto de asistencias sanitarias e prestacións de incapacidade temporal, derivada dos accidentes de traballo sufridos polos traballadores da citada entidade, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria do Instituto Nacional da Seguridade Social, en caso de insolvencia da empresa, e en canto á cantidade de 1.576,14 €.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor ningún recurso.

Así, por esta miña sentenza, pronúnciao, mándao e asínao a maxistrada xuíza deste xulgado Pilar Carreira Vidal.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Masalo 10, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza