Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 2 de xaneiro de 2017 Páx. 144

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 16 de decembro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente sancionador INC-PO-0044/2016-LSA e cinco máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os actos administrativos sinalados no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia dos actos notificados quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sito na rúa Fernández Ladreda, número 43; Edificio Administrativo, 2º andar (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen compareceren, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Pontevedra, 16 de decembro de 2016

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: INC-PO-0044/2016-LSA.

Denunciado: Manuel Piñeiro Suárez.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: INC-PO-0072/2016-VNA.

Denunciado: Florentini Niti Cirpaci.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: INC-PO-0147/2016-VNA.

Denunciada: Transportes Silvia María, S.L.

Acto de notificación: acordo de incoación.

Expediente: INC-PO-0148/2016-VNA.

Denunciada: Estructuras La Cañota, S.L.

Acto de notificación: acordo de incoación.

Expediente: INC-PO-0149/2016-VNA.

Denunciado: Rogelio Pereira de los Ángeles.

Acto de notificación: acordo de incoación.

Expediente: MON-PO-0094/2016-DIA.

Denunciada: María Victoria Barreiro Barral.

Acto de notificación: acordo de incoación.