Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 2 de xaneiro de 2017 Páx. 161

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 15 de decembro de 2016, da Área Provincial de Ourense, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia.

De conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido e ao non ser posible a súa práctica, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia do requirimento de emenda das deficiencias da solicitude de subvención do Programa de axuda ao alugamento do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro da dita resolución deberá efectuarse na xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) de Ourense, sita na rúa Sáenz Díez núm. 1, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 15 de decembro de 2016

Consuelo Fernández Sueiro
Xefa da Área Provincial de Ourense

ANEXO

Acto obxecto de notificación: requirimento de emenda de deficiencias da solicitude.

Expediente: 201532ALUG00087L.

Persoa interesada: Mihaela Vaduva.

DNI/NIE/NIF: ...123S.