Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2016 Páx. 57060

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (407/2016).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, da fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 407/2016, por instancia de Clarisa Gago Zas contra Texcomcor-2007, S.L., administración concursal de Texcomcor-2007, S.L. e Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento, en que se ditou sentenza con data do 18 de outubro de 2016 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido

Estímase a demanda interposta por Clarisa Gago Zas contra a entidade Texcomocor-2007, S.L. e a súa administración concursal, con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Texcomocor-2007, S.L. á demandante.

– Condénase a empresa Texcomocor-2007, S.L. a que, no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza, opte entre a readmisión da demandante ou o aboamento dunha indemnización de 657,97 euros. O aboamento desta indemnización determinará a extinción do contrato de traballo. No caso de optar pola readmisión, deberá aboar os salarios de tramitación que, desde a data do despedimento ata a esta sentenza, ascenden a 6.938,54 euros, aos cales se deberán engadir os que se xeren ata a súa notificación, a razón de 34,18 euros diarios. Tales cantidades quedan vinculadas ao administrador concursal.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Unha vez que sexa firme esta resolución, dedúzase testemuño dela e remítase á Inspección de Traballo e Seguridade Social por se os feitos contidos nela constitúen infracción administrativa.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Texcomcor-2007, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 12 de decembro de 2016

A secretaria xudicial