Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2016 Páx. 57064

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1162/2013).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1162/2013, por instancia de Isabel Rojo Ruibal contra a empresa ClasscenterCambridge, S.L. sobre reclamación de cantidade, en que recaeu sentenza con data 28 de novembro de 2016 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido

Estímase a demanda interposta por Isabel Rojo Ruibal contra a entidade ClasscenterCambridge, S.L. e, en consecuencia:

– Condénase a ClasscenterCambridge, S.L. a aboar a Isabel Rojo Ruibal a cantidade de seiscentos vinte e oito euros (628 euros).

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela non cabe ningún recurso por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, de ser o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e deberase anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa ClasscenterCambridge, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 12 de decembro de 2016

A secretaria xudicial