Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2016 Páx. 57079

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 64/2015).

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que por resolución ditada o día 12.9.2016, no proceso seguido por instancia de José Ramón Martínez Martínez contra Nova Albariza, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, rexistrado co nº PO 64/2015, se acordou notificar a parte dispositiva do Decreto do 12.9.2016, ditado no procedemento, a Nova Albariza, S.L., en ignorado paradoiro:

Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: Susana Varela Amboage

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2016

Parte dispositiva.

Acordo:

– Considerar que José Ramón Martínez Martínez desiste da súa demanda de reclamación de cantidade fronte a Nova Albariza, S.L.

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos e déixese certificación del no procedemento correspondente.

Únase testemuño da presente resolución ao procedemento e acumúlese ás presentes actuacións.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Nova Albariza, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza