Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2016 Páx. 57127

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2016 pola que se fai pública a formalización dun contrato de obras non suxeito a regulación harmonizada.

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo de obras de mellora do abrigo do porto de Portonovo (Pontevedra).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Área de Infraestruturas, Medio Ambiente e Seguridade.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

d) Clave do expediente: 3/2016/CNTOB.

e) Enderezo da internet do perfil de contratante:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=37405

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: administrativo de obra.

b) Descrición do obxecto: mellora do abrigo do porto de Portonovo.

c) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia número 123.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: 30 de xuño de 2016.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración (multicriterio).

4. Valor estimado do contrato.

483.225,30 euros, IVE excluído.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 483.225,30 euros. Importe total: 584.702,61 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 22 de novembro de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 20 de decembro de 2016.

c) Contratista: Construcciones López Cao, S.L.

d) Nacionalidade: española.

e) Importe ou canon de adxudicación: importe neto: 399.800,00 euros. Importe total: 483.758,00 euros.

f) Tipo de oferta adxudicataria: solución base.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2016

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia