Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 29 de decembro de 2016 Páx. 56539

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 23 de decembro 2016 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto documentalmente simplificado con varios criterios de adxudicación, trámite ordinario e anticipado de gasto, para a contratación non suxeita a regulación harmonizada da execución das obras públicas hidráulicas de claves OH.336.1112, OH.315.1085 e OH.332.787, cofinanciadas nun 75 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural Galicia 2014-2020.

missing image file

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: contratación.

c) Tipo de contrato: obra.

d) Obtención de documentación e información.

1º. Lugares de obtención do prego de cláusulas administrativas particulares (que inclúe o cadro de características do contrato), da documentación técnica e da demais información que proceda:

– Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén, se terá acceso ao perfil do contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.gal e desde a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web: http://augasdegalicia.xunta.gal/

– Augas de Galicia na rúa Doutor Maceira nº 18, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña), teléfonos: 981 95 74 01/27, fax: 981 95 74 03/881 99 96 94 e correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

2º. Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

2. Obxectos dos contratos.

a) Descrición e lugar de execución: actuacións de saneamento nos concellos integrantes do Consorcio da Auga do Louro. Ramal de Reublín. Mos (Pontevedra).

Número de expediente: OH.336.1112.

Orzamento base de licitación. Importe neto: 412.997,00 euros. Importe total: 499.726,37 euros.

Prazo de execución (meses): catro (4).

Solvencia: acreditarase indistintamente coa xustificación da clasificación no grupo E, subgrupo 1, categoría 3 ou no grupo E, subgrupo 1, categoría d ou coa xustificación das condicións mínimas de solvencia cun importe mínimo de 289.097,90 euros.

CPV: 45232410-9.

b) Descrición e lugar de execución: saneamento do núcleo de Caamaño e mellora e ampliación da estación depuradora de augas residuais de Xuño. Porto do Son (A Coruña).

Número de expediente: OH.315.1085.

Orzamento base de licitación. Importe neto: 372.776,48 euros. Importe total: 451.059,54 euros.

Prazo de execución (meses): tres (3).

Solvencia: acreditarase indistintamente coa xustificación da clasificación no grupo K, subgrupo 8, categoría 2 e grupo E, subgrupo 1, categoría 2 ou no grupo K, subgrupo 8, categoría c e grupo E, subgrupo 1, categoría c ou coa xustificación das condicións mínimas de solvencia cun importe mínimo de 260.943,54 euros.

CPV: 45232410-9 e 45259100-8.

c) Descrición e lugar de execución: saneamento e depuración en Toubes e Cinconogueiras. A Peroxa (Ourense).

Número de expediente: OH.332.787.

Orzamento base de licitación. Importe neto: 339.776,46 euros. Importe total: 411.129,52 euros.

Prazo de execución (meses): seis (6).

Solvencia: acreditarase indistintamente coa xustificación da clasificación no grupo E, subgrupo 1, categoría 2 e grupo K, subgrupo 8, categoría 1 ou no grupo E, subgrupo 1, categoría c e grupo K, subgrupo 8, categoría b ou coa xustificación das condicións mínimas de solvencia cun importe mínimo de 237.843,52 euros.

CPV: 45232410-9 e 45252210-3.

3. Financiamento europeo.

– Estas actuacións cofinanciaranse pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 75 % do gasto elixible, no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) Galicia 2014-2020. O 25 % restante do gasto elexible cofinanciarase por Augas de Galicia nun 17,50 % e polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente nun 7,50 %. As actuacións enmárcanse dentro do Programa de desenvolvemento rural na medida 07 «Servizos básicos e renovación de poboacións en zonas rurais», submedida 7.2 «Apoio aos investimentos na creación, mellora ou ampliación de todo tipo de pequenas infraestruturas, incluídos os investimentos en enerxías renovables e aforro de enerxía» e prioridade 6 de desenvolvemento rural «Fomentar a inclusión social, a redución da pobreza e o desenvolvemento económico nas zonas rurais». Europa inviste no rural.

4. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria da licitación e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación: os criterios de valoración enuméranse e detállanse coas súas puntuacións e ponderacións no prego de cláusulas administrativas particulares e no perfil do contratante.

5. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído, para cada un dos contratos.

6. Requisitos específicos do contratista.

– Solvencia: acreditarase mediante a clasificación indicada para cada contrato ou mediante as condicións mínimas de solvencia económica e financeira coa cifra anual de negocios e solvencia técnica coa relación das obras executadas cos importes mínimos sinalados, segundo corresponda co contrato, para cada unha delas nos termos expresados no cadro de características do contrato e na cláusula 6.1.4.1 do prego administrativo.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 26 de xaneiro de 2017.

b) Modalidade de presentación: a establecida no prego administrativo. As proposicións axustaranse estritamente aos modelos que se inclúen no citado prego. O procedemento é documentalmente simplificado en relación coa documentación que se vai presentar no sobre A.

c) Lugar de presentación: no rexistro de Augas de Galicia, na rúa Doutor Maceira, 18, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña) nos días e horas hábiles de oficina (de luns a venres e das 9.00 ás 14.00 horas). Tamén por correo, segundo o disposto no artigo 80.4 do regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso o licitador deberá anunciarlle ao órgano de contratación, no mesmo día da imposición na oficina de Correos, mediante telegrama ou fax, a remisión da documentación para concorrer á licitación, así como xustificar a data de imposición do envío.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses, desde a apertura en acto público, segundo se indica no punto seguinte, das ofertas contidas no sobre C.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

8. Apertura das ofertas.

a) Descrición: a apertura, comprobación e valoración separada do sobre A relativo á documentación acreditativa dos requisitos de aptitude para contratar, do sobre B cos elementos da oferta non valorables de forma automática e do sobre C cos da oferta que admiten unha valoración mediante a aplicación de fórmulas, realizarase conforme o disposto no prego administrativo e na normativa de contratos do sector público.

b) Enderezo, localidade e código postal: Augas de Galicia na rúa Doutor Maceira nº 18, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Data e hora: a apertura en acto público do sobre B terá lugar o 8 de febreiro de 2017 ás 9.00 horas e do sobre C na data e hora que se lles notificará aos licitadores, por fax ou calquera outro medio admitido, e publicarase no perfil do contratante con dous días hábiles de antelación á súa realización.

9. Gastos de publicidade: serán por conta dos licitadores seleccionados para ser adxudicatarios, proporcionalmente aos orzamentos de licitación dos contratos.

10. Outras informacións.

– CPA (codificación do obxecto do contrato): a indicada nos cadros de características dos contratos.

– Valor estimado do contrato: coincide co importe neto do orzamento base de licitación.

– Melloras e modificacións previstas: admítense melloras e prevense nos contratos a posibilidade da súa eventual modificación á baixa nos termos expresados no prego administrativo.

– Apertura e valoración das ofertas dos sobres B e C: a apertura do sobre B e a súa valoración realizaranse con anterioridade á apertura e valoración do contido do sobre C. No caso de que os actos públicos de apertura das ofertas se modifiquen notificarase esta circunstancia aos licitadores presentados e farase pública no perfil do contratante.

– Publicidade de resultados: as datas e os resultados das aperturas dos sobres A, B e C, así como da adxudicación e formalización do contrato faranse públicas no perfil do contratante.

– Formalización do contrato: o contrato perfeccionarase coa súa formalización, que se efectuará no prazo previsto no cadro de características.

– Expediente anticipado de gasto: estas contratacións están suxeitas á condición suspensiva da existencia de crédito axeitado e suficiente para financiar as obrigas que dela se derivan no exercicio correspondente.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2016

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia