De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución de cancelación da súa inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, por non ser posible a súa notificación por correo certificado. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Os expedientes relacionados atópanse á disposición dos interesados para que, de ser o caso, poidan consultalos na Xefatura Territorial da Coruña, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña.
Contra esta resolución, que no esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada, ante o director xeral de Xustiza, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Logo de transcorrer o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, a resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.
A Coruña, 5 de decembro de 2016
María Barreiro Lázare
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Expediente |
Nome e apelidos |
NIF/NIE/Pasaporte |
AC-2011/00798 |
Rubén Sánchez Cal Alexandra Digracia |
46896213H X8502240Z |
AC-2012/00057 |
Marisol de León de León |
54653559Q |
AC-2012/00704 |
Alejandra Rondón |
423877897 |
AC-2013/00105 |
Sara Lacerda de Oliveira |
Y2897602F |
AC-2013/00311 |
Stacy Michelle Weltzin |
405048128 |