Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 29 de decembro de 2016 Páx. 56487

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (250/2016).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 250/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alberto Muñiz Rodríguez contra a empresa Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Que estimo a demanda interposta por Alberto Muñiz Rodríguez fronte á empresa Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A. e condeno a demandada a que aboe a aquel a seguinte cantidade: 2.721,21 euros, máis o 10 % de xuro por demora, ex artigo 29.3 do ET, no que se refire ás cantidades de natureza salarial.

Contra a presente resolución non cabe interpoñer recurso ningún.

Así por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 7 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza