Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 29 de decembro de 2016 Páx. 56475

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto vacante de xefatura de persoal de xestión e servizos.

Por Resolución do 4 de outubro de 2016 (DOG núm. 207, do 31 de outubro) convocouse para a súa provisión, polo sistema de libre designación, un posto vacante de xefatura de persoal de xestión e servizos.

De acordo co disposto nas bases da convocatoria, logo de informe da Dirección a que figura adscrito o posto e ao cal se fai referencia na base quinta,

Esta xerencia, de conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde de 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xullo), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG núm. 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, modificado polo Decreto 111/2013, do 4 de xullo (DOG núm. 140, do 24 de xullo), e na Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 130, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

ACORDA:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto vacante de xefatura de persoal de xestión e servizos anunciada pola Resolución do 4 de outubro de 2016 (DOG núm. 207, do 31 de outubro).

Segundo. Nomear no posto que se indica a persoa citada no anexo desta resolución.

Terceiro. O profesional nomeado deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes ao da súa publicación.

Cuarto. A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados pola xerente de Xestión Integrada.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Quinto. Contra a presente resolución poderase interpoñer, nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso de alzada perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte á súa publicación.

Ourense, 12 de decembro de 2016

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

ANEXO

Posto: xefe do Servizo de Sistemas e Tecnoloxías da Información.

Nome e apelidos: Rubén Domínguez Carbajales.

DNI: *****811C.

(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal de acordo coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.