Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 29 de decembro de 2016 Páx. 56565

VI. Anuncios

b) Administración local

Consorcio As Mariñas

ACORDO de aprobación inicial da modificación dos estatutos do Consorcio As Mariñas.

O Pleno do Consorcio As Mariñas, en sesión do 2 de decembro de 2016, adoptou o acordo de aprobación da modificación dos estatutos, de conformidade co preceptuado na disposición transitoria sexta da Lei 27/2013, de racionalización e sustentabilidade da Administración local, e na Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, e someteu o acordo á información pública polo prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste anuncio (no BOP ou no DOG) e a súa simultánea remisión á Deputación Provincial da Coruña e á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, para os efectos de emisión do informe correspondente, no prazo dun mes, de conformidade co preceptuado no artigo 143 da Lei 5/1997, de Administración local de Galicia.

Os interesados poden examinar a modificación dos estatutos na Secretaría do Consorcio (lugar de Bos, naves O Carballal 4, 15640 Guísamo, Bergondo) e formular as alegacións ou suxestións que consideren oportunas.

Bergondo, 5 de decembro de 2016

José Antonio Santiso Miramontes
Presidente do Consorcio As Mariñas