Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Mércores, 28 de decembro de 2016 Páx. 56307

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Montederramo

ANUNCIO da prórroga do prazo para a presentación de proposicións.

En cumprimento do sinalado no artigo 78 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, aprobado mediante o Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, o prazo para a presentación de proposicións na convocatoria do procedemento aberto, atendendo á oferta economicamente máis vantaxosa, con varios criterios de adxudicación, para a adxudicación do contrato de concesión de servizos de xestión integral da Residencia e Centro de Día de Montederramo (expediente CGSC02/2016) prorrógase por vinte e seis días máis contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, segundo o último que se publique. Deberanse ter en conta, ademais, as aclaracións ao prego publicadas no perfil do contratante da páxina web do Concello de Montederramo www.montederramo.es.

Montederramo, 21 de decembro de 2016

Antonio Rodríguez Álvarez
Alcalde