Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Mércores, 28 de decembro de 2016 Páx. 56238

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (707/2013).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 707/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan José Lens García contra a empresa Lobelle, S.L., Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, que expresa:

«Que estimando integramente a demanda interposta por Juan José Lens García contra Lobelle, S.L., debo condenar e condeno a Lobelle, S.L. a que lle aboe á demandante a suma de 2.888,82 euros polos conceptos indicados no feito probado terceiro da presente resolución, máis os xuros por mora previstos no artigo 29.3 do ET respecto da dita cantidade desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa non procede a súa condena nesta instancia. Deberase observar o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET, con notificación da presente resolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución, e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso.

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Lobelle, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza