Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Mércores, 28 de decembro de 2016 Páx. 56274

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 2 de decembro de 2016 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística derivado do expediente PON/96/2015-RP1, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu interesado ausente na repartición.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 26 de outubro de 2016, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística en relación coas obras consistentes na construción dunha edificación residencial e rampla de acceso no camiño Rial 80, Comesaña, no termo municipal de Vigo, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo a José Antonio Presa Castro, mediante a presente cédula, e ao amparo do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase ao interesado o dito acordo por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, faise saber ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado disporá dun prazo de 15 días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que estimen pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Para que conste e sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística