De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 29 de novembro de 2016, relativo ao proxecto da planta de valorización de residuos inertes no lugar de Areosa, parroquias de Xesteda e Queixas, promovido por González Couceiro, S.L.U. (clave 2016/0161).
Este informe pódese consultar na seguinte ligazón:
http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2016
María Cruz Ferreira Costa
Secretaria xeral de Calidade e Avaliación Ambiental