Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Mércores, 28 de decembro de 2016 Páx. 56253

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 29 de novembro 2016, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se dá publicidade da parte dispositiva da Sentenza 665/2015, do 5 de novembro, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72, 104 e seguintes da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 5 de novembro de 2015, pronunciou a Sentenza número 665/2015, ditada no procedemento ordinario 4348/2014, interposto por Altagra, S.L., sentenza que na súa parte dispositiva literalmente di:

«Estimamos o recurso contencioso-administrativo interposto por Altagra, S.L. contra a Orde do 4.6.2014 da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas pola que se deu aprobación definitiva ao Plan xeral de ordenación municipal de Baiona, que anulamos en canto o dito plan non sinala aliñacións nas parcelas incluídas no E-02-0, respecto das vías situadas nos seus ventos norte, este e oeste; das incluídas no E-03-0; e das incluídas no E-04-0, respecto das vías situadas ao sur e ao nordeste, polo que condenamos a Administración demandada a que proceda á súa fixación en todos os casos indicados. Impóñense as custas do recurso, pola metade e co límite indicado, ás administracións demandadas».

A citada sentenza foi declarada firme.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2016

María Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo