Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Mércores, 28 de decembro de 2016 Páx. 56226

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2016 pola que se adxudican as axudas ás aceleradoras privadas de apoio ao emprendemento innovador, no marco da Estratexia de especialización intelixente de Galicia 2014-2020, convocadas pola Resolución do 23 de setembro de 2016 (Diario Oficial de Galicia número 193, do 10 de outubro).

Mediante a Resolución da Axencia Galega de Innovación, do 23 de setembro de 2016 (DOG nº 193, do 10 de outubro), convocáronse as subvencións do Programa de axudas ás aceleradoras privadas de apoio ao emprendemento innovador, no marco da Estratexia de especialización intelixente de Galicia 2014-2020.

No seu artigo 19 regúlase a resolución e notificación destas axudas unha vez que a Comisión de Valoración establecida no artigo 16 seleccione as solicitudes admitidas e emita un informe en que se concrete o resultado da avaliación efectuada e a contía da axuda proposta, conforme os criterios establecidos no artigo 17.

Na súa virtude e atendendo á proposta elaborada na sesión do 12 de decembro de 2016 pola Comisión de Valoración establecida no artigo 16 das bases da Resolución do 23 de setembro de 2016, esta Axencia Galega de Innovación

RESOLVE:

1. Conceder as subvencións do Programa de axudas ás aceleradoras privadas de apoio ao emprendemento innovador que figuran como anexo I a esta proposta.

2. O importe total das axudas concedidas é 500.000 euros, con cargo ás aplicacións orzamentarias que se recollen no seguinte cadro:

Aplicación orzamentaria

Ano 2016 (€)

Ano 2017 (€)

Total (€)

09.A3.561A.770.0

100.000

400.000

500.000

3. Denegar as solicitudes que acadaron unha puntuación inferior a 67 puntos por non dispor de crédito suficiente para o seu financiamento. Estas solicitudes relaciónanse no anexo II.

4. Denegar as solicitudes que acadaron unha puntuación inferior a 50 puntos, de conformidade co disposto no artigo 17 das bases reguladoras. Estas solicitudes relaciónanse no anexo III.

5. Estas axudas están financiadas con cargo a fondos propios libres da Comunidade Autónoma de Galicia.

6. O pagamento destas axudas realizarase conforme o establecido no artigo 24 da resolución de convocatoria.

7. Para a xustificación da subvención deberá presentarse a documentación indicada no dito artigo 24 da resolución de convocatoria nos prazos establecidos nas letras A e B do seu punto 1.

8. Contra esta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpor recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, perante o presidente da Axencia Galega de Innovación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2016

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO I

Relación de solicitudes concedidas

Cód. de expediente

Nome da entidade

NIF

Total 2016

Total 2017

Total subvención

IN856A 2016/03-0

Zarpamos aceleradora de empresas, S.L.

B70352141

0 €

80.000 €

80.000 €

IN856A 2016/14-0

I nova consultores en excelencia e innovación estratégica, S.L.

B36927515

0 €

80.000 €

80.000 €

IN856A 2016/08-0

Vasco Gallega Sociedad de Cartera, S.L.

B27716406

40.000 €

50.000 €

90.000 €

IN856A 2016/02-0

Maritime jobs HR consulting, S.L.

B86603321

0 €

80.000 €

80.000 €

IN856A 2016/09-0

Conector Galicia, S.L.

B27838242

20.000 €

60.000 €

80.000 €

IN856A 2016/01-0

Talentiers, S.L.

B70421805

40.000 €

50.000 €

90.000 €

Total (09.A3.561A.770.0)

100.000 €

400.000 €

500.000 €

ANEXO II

Cód. de expediente

Nome da entidade

NIF

IN856A 2016/12-0

Estrategia y Organización, S.A.

A36196418

IN856A 2016/07-0

Dálle que Dálle, S. Coop. Galega

F94096021

IN856A 2016/05-0

Dosvalor JH, S.L.

B36766483

IN856A 2016/06-0

Greenalia, S.L.

B70394903

IN856A 2016/04-0

Unio Ingenieros, S.L.

B70208681

IN856A 2016/11-0

Impact Hub Vigo, S.L.

B27778877

ANEXO III

Cód. de expediente

Nome da entidade

NIF

IN856A 2016/10-0

Gestoría Fuentes, S.L.

B36346955

IN856A 2016/13-0

Mag & Mag & Asociados, S.L.

A36196418