De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase a persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-CO-0652/2016-PPM e catro máis.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.
A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.
Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, apartado c) da mesma lei.
A Coruña, 15 de decembro de 2016
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: PSC-CO-0652/2016-PPM.
Persoa interesada: Juan Antonio Caamaño Souto.
Acto de notificación: resolución.
Último enderezo coñecido: avenida da Constitución, 65, 1º A, Boiro.
Expediente: PSC-CO-0698/2016-PPM.
Persoa interesada: Ángela Saborido Eiras.
Acto de notificación: resolución.
Último enderezo coñecido: rúa Mangas, 15, bl B, 2º A, Boiro.
Expediente: PSC-CO-0734/2016-PPM.
Persoa interesada: Santiago Beltrán Domínguez.
Acto de notificación: resolución.
Último enderezo coñecido: Pazo de Rianxiño, 26, 2º A, Rianxo.
Expediente: PSC-CO-0770/2016-PPM.
Persoa interesada: José Rodrigo Costas Álvarez.
Acto de notificación: resolución.
Último enderezo coñecido: San Paio de Navia, Xuncal, 20, Vigo.
Expediente: PSC-CO-0775/2016-PPM.
Persoa interesada: Francisco Domínguez Castro.
Acto de notificación: resolución.
Último enderezo coñecido: San, 72, Abanqueiro, Boiro.