Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Martes, 27 de decembro de 2016 Páx. 56097

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 12 de decembro de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente INC-OU-0089/2016-BIO.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio. A comparecencia realizarase nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, Servizo Xurídico-Administrativo, situadas na rúa Florentino L. Cuevillas, 4 e 6, baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Ourense, 12 de decembro de 2016

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: INC-OU-0089/2016-BIO.

Interesados: herdeiros de Elvira Pérez Rodríguez.

Acto de notificación: resolución.