Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Martes, 27 de decembro de 2016 Páx. 56018

III. Outras disposicións

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2016 pola que se dá publicidade a unha encomenda de xestión á Axencia Galega de Infraestruturas das actuacións para acometer a execución das obras de construción do Centro de Saúde de Gondomar.

De conformidade co previsto no artigo 8.4 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade á resolución da Presidencia do organismo autónomo Servizo Galego de Saúde, do 20 de decembro de 2016, pola que se encomenda á Axencia Galega de Infraestruturas a xestión das actuacións para acometer a execución das obras de construción do novo Centro de Saúde de Gondomar.

– Actividade: a xestión das actuacións precisas para acometer a execución das obras de construción do novo Centro de Saúde de Gondomar, estando a contratación da dirección facultativa das obras en mans do Servizo Galego de Saúde.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: a encarga ten natureza intrasubxectiva, ao ter a Axencia Galega de Infraestruturas a consideración de medio propio e servizo técnico da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto nos artigos 47 e 48 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o día seguinte ao da sinatura da encomenda ata xuño de 2018.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2016

Jesús Vázquez Almuíña
Presidente do Servizo Galego de Saúde