Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Luns, 26 de decembro de 2016 Páx. 55973

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Pino

ANUNCIO polo que se publica a formalización do contrato do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos, envases lixeiros e limpeza viaria.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello do Pino.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.concellodeopino.com

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: recollida e transporte de residuos sólidos urbanos, envases lixeiros e limpeza viaria.

c) Lote: non procede.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 90511100-3/90512000-9/90610000-6.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOUE, BOE, DOG e BOP.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 5.4.2016, 14.4.2016, 8.4.2016, 12.4.2016.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria, suxeita a regulación harmonizada.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de adxudicación.

4. Valor estimado do contrato: 570.246,36 €.

5. Orzamento base de licitación: importe neto: 380.164,24 €. Importe total: 418.180,68 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 27.7.2016.

Contra a dita adxudicación interpúxose recurso especial en materia de contratación.

b) Data de formalización do contrato: 11.11.2016.

c) Contratista: Urbaser, S.A.

d) Importe da adxudicación: importe neto: 375.741,48 €. Importe total: 413.315,64 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa de conformidade coa aplicación dos criterios de adxudicación establecidos na cláusula décima do prego de cláusulas administrativas particulares.

O Pino, 30 de novembro de 2016

Manuel Taboada Vigo
Alcalde presidente