Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Luns, 26 de decembro de 2016 Páx. 55933

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2016 pola que se convoca a contratación, mediante tramitación urxente e documentalmente simplificada, da xestión do servizo galego de apoio á mobilidade persoal para persoas con discapacidade e/ou persoas en situación de dependencia (SGAMP) (expediente PA 81/2016).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Subdirección Xeral de Recursos Económicos.

2º. Enderezo: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

3º. Teléfono: 981 54 56 50/981 54 69 87.

4º. Fax: 981 54 56 63.

5º. Correo electrónico: xestion.politicasocial@xunta.gal

6º. Páxina web: http://www.contratosdegalicia.es

7º. Data límite para a obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: PA 81/2016.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: xestión de servizos públicos.

b) Descrición: xestión en réxime de concesión do servizo galego de apoio á mobilidade persoal para persoas con discapacidade e/ou persoas en situación de dependencia.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si/8.

d) Lugar de execución/entrega: toda a Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo coa distribución dos lotes.

e) Prazo de execución/entrega: desde a sinatura do contrato ata o 8 de febreiro de 2018.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV (referencia nomenclatura): 60140000-1 Transporte non regular de pasaxeiros.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: urxente, documentalmente simplificada e anticipado de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: ver cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

4. Valor estimado do contrato: sete millóns cincocentos seis mil cento corenta e un euros con sesenta e tres céntimos (7.506.141,63 €).

5. Orzamento.

a) Orzamento base de licitación: tres millóns catrocentos once mil oitocentos oitenta e dous euros con cincuenta e seis céntimos (3.411.882,56 €), ao cal se lle engaden trescentos corenta e un mil cento oitenta e oito euros con vinte e sete céntimos (341.188,27 €) que corresponden ao IVE (10 %), polo que o importe total do expediente de gasto é de tres millóns setecentos cincuenta e tres mil setenta euros con oitenta e tres céntimos (3.753.070,83 €).

6. Garantías exixidas.

a) Provisional: non.

b) Definitiva: 5 % do orzamento base de licitación do lote ou lotes dos cales resulte adxudicatario, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: ver cláusula 5.4.7 do PCAP.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de ofertas comezará o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos oito días naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Xunta de Galicia (enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Sen prexuízo do anterior, os licitadores poderán enviar as súas proposicións por correo, segundo o establecido no PCAP.

c) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición:

Apertura dos sobres A: acto non público, cualificación da documentación xeral.

Apertura dos sobres B: acto público, apertura da documentación non avaliable mediante fórmulas.

Apertura dos sobres C: acto público, apertura da documentación avaliable mediante fórmulas.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: indicaranse na plataforma de contratación da Xunta de Galicia a data, a hora e o lugar de apertura dos sobres A, B e C.

10. Gastos de publicidade: 10,82 € por liña publicada no Diario Oficial de Galicia, que serán por conta do adxudicatario.

11. Información adicional. Os pregos pódense obter na páxina:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=93963

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2016

O conselleiro de Política Social
P.D. (Orde 3.3.2016)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social