Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Luns, 26 de decembro de 2016 Páx. 55928

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Marín (expediente IN407A 2016/600-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Galigrain, S.A.U.

Domicilio social: avenida de Ourense, 1-B, 36000 Marín.

Denominación: LMTS, CS no porto pesqueiro de Marín.

Situación: Marín.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ1 de metros de lonxitude, con orixe e final no tramo da LMT LOZ813B unha vez entre e saia do CS proxectado. Centro de seccionamento con unha cela compacta 3L, baixo envolvente metálica, con corte en SF6, situado no porto pesqueiro de Marín.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avenida Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 9 de novembro de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra