Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Luns, 26 de decembro de 2016 Páx. 55930

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 1 de decembro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai público o outorgamento da concesión de explotación denominada Hilda, número 5883, en Mondoñedo e Lourenzá.

A Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Lugo fai saber que o director xeral de Enerxía e Minas, o 7 de outubro de 2016, expediu o título polo cal se outorgou a Construcciones Isidro Otero, S.L. a concesión de explotación que a seguir se describe:

Nome: Hilda.

Número de expediente: 5883.

Recurso: sección C), cuarcita e lousa.

Termo municipal: Mondoñedo e Lourenzá.

Superficie: dúas (2) cuadrículas mineiras.

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 27.2 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia.

Lugo, 1 de decembro de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo