De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles aos interesados que a continuación se relacionan no anexo as resolucións ditadas recursos administrativos devoltas polo servizo de Correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.
Segundo establece o artigo 61 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinaren a resolución na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, situada no Complexo Administrativo de San Caetano, bloque 5, en Santiago de Compostela.
Fáiselles saber que contra a dita resolución, definitiva na vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que o demandante teña o seu domicilio, ou no de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao remate do prazo de dez días antes sinalado ou ao da comparecencia do interesado, se é o caso.
Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo este anuncio.
Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2016
Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda
ANEXO
Número de recurso |
Expediente |
Recorrente/interesado |
Resolución recurso |
RR/O/2008/00039 |
SANC/MG/13/08 |
Promociones Inmobiliarias José Fajo, S.L. |
Desestimatoria |
RR/O/2009/00012 |
SANC/MG/37/08 |
Eladio Rodríguez Santiso |
Desestimatoria |