Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Luns, 26 de decembro de 2016 Páx. 55958

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 15 de decembro de 2016, do Servizo de Consumo de Ourense, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente 32001-289-2015.

De conformidade co disposto no artigo 44 en relación co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), e o artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, logo de intentada a notificación persoal de acordo co artigo 40 da citada Lei 39/2015, sen que esta se puidese efectuar, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial do Instituto Galego de Consumo en Ourense.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Consumo de Ourense, con enderezo na avenida de Zamora, 13, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 14 de decembro de 2016

Cristina E. Vázquez Gil
Xefa do Servizo de Consumo de Ourense

ANEXO

Expediente: 32001-289-2015.

Interesada: Grupo Divatto Prestige, S.L.

CIF/NIF: B83191742.

Acto notificado: resolución do procedemento sancionador.