Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 23 de decembro de 2016 Páx. 55777

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 12 de decembro de 2016, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se lle notifica ao interesado a Resolución do 7 de outubro de 2016 que autoriza a realizar a primeira venda de produtos pesqueiros dos cales non sexa obrigada a súa primeira venda en lonxa (expediente Aut.PE627A-2016/0000177).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE nº 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal, a través do servizo de Correos, notifícaselle ao interesado, por medio do presente anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG) e no Boletín Oficial del Estado (BOE), a Resolución do 7 de outubro de 2016 que autoriza a realizar a primeira venda de produtos pesqueiros dos cales non sexa obrigada a súa primeira venda en lonxa.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE).

O interesado poderá comparecer nas oficinas da sede da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Consellería do Mar, sita no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 2º andar, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo ante o órgano competente desta orde xurisdicional no prazo de dous meses, en ambos os dous casos contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2016

Juan Carlos Maneiro Cadillo
Director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

ANEXO

Expediente: Aut.PE627A-2016/0000177.

Interesado: Jorge Tourís Otero.

NIF/CIF: 35467076H.

Establecemento afectado: parque de cultivo mariño Carril nº 17, O Carril, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra.

Acto de notificación: Resolución do 7.10.2016 que autoriza a realizar a primeira venda de produtos pesqueiros dos cales non sexa obrigada a súa primeira venda en lonxa.

Último enderezo coñecido: Xoaquín Lorenzo 1-4º C, 15895 Ames, Biduído, A Coruña.