Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 23 de decembro de 2016 Páx. 55741

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 30 de novembro de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente LU-RES-2016/064.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na sede desta secretaría xeral, sita no edificio da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, San Lázaro s/n, 2º andar, Santiago de Compostela, 15781, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro edictal único do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2016

María Cruz Ferreira Costa
Secretaria xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO

Expediente: LU-RES-2016/064.

Interesado: Cristian Tintar.

Acto notificado: resolución.