De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.
O acto foi adoptado polo secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na sede desta Secretaría Xeral, sita no edificio da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, San Lázaro, s/n, 2º andar, Santiago de Compostela, código postal 15781, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2016
María Cruz Ferreira Costa
Secretaria xeral de Calidade e Avaliación Ambiental
ANEXO
Expediente: LU-RES-2016/098.
Interesados: Josue Montoya Bentos e Miguel Montoya Cortiñas.
Acto notificado: resolución.