Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 23 de decembro de 2016 Páx. 55735

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 13 de decembro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se dá publicidade á declaración comprensiva da situación patrimonial de altos cargos por cesamento.

O artigo 49.4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece a obriga de todos os cargos públicos incluídos no seu ámbito de aplicación, definido no artigo 37, de cubrir unha declaración comprensiva da súa situación patrimonial, no modelo que aprobe a persoa titular da consellería competente en materia de función pública.

Esta declaración deberá ser presentada no Rexistro de Bens Patrimoniais no prazo dos tres meses seguintes ao da data de toma de posesión e de cesamento, respectivamente, ante a Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Pola Orde do 3 de marzo de 2016 do titular da consellería competente en materia de función pública apróbanse os modelos oficiais de declaracións que deben formular os altos cargos incluídos no ámbito de aplicación da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 44, do 4 de marzo).

En virtude do Decreto 114/2016, do 22 de agosto (DOG núm. 157 Bis, do 22 de agosto), Raquel Arias Rodríguez cesou no cargo de delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo e presentou o anexo IV Contido da declaración de bens patrimoniais para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, no Rexistro de Bens Patrimoniais de Altos Cargos.

En virtude do Decreto 115/2016, do 22 de agosto (DOG núm. 157 Bis, do 22 de agosto), María Sol Díaz Mouteira cesou no cargo de delegada territorial da Xunta de Galicia en Ourense e presentou o anexo IV Contido da declaración de bens patrimoniais para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, no Rexistro de Bens Patrimoniais de Altos Cargos.

Procede, en consecuencia, dar publicidade ao contido dos anexos presentados para tal efecto, comprensivos da situación patrimonial que declaran, respectivamente, ao seu cesamento, e que se publican como anexo a este anuncio.

Tal e como consta no referido modelo anexo IV:

1. Non se inclúen os seguros de vida.

2. No suposto de bens indivisos, indícase o valor que corresponde segundo a porcentaxe de participación do declarante no ben ou dereito patrimonial.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2016

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Titular do cargo: Raquel Arias Rodríguez.

Cargo público orixe da declaración: delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo.

Motivo: cesamento.

I. Activo:

1. Bens inmobles (segundo o valor catastral): 26.048,70 €.

2. Valor total doutros bens: 37.518,71 €.

3. Total: 63.567,41 €.

II. Pasivo (créditos, préstamos, débedas, etc.): 1.379,17 €.

Titular do cargo: María Sol Díaz Mouteira.

Cargo público orixe da declaración: delegada territorial da Xunta de Galicia en Ourense.

Motivo: cesamento.

I. Activo:

1. Bens inmobles (segundo o valor catastral): 283.239,18 €.

2. Valor total doutros bens: 69.573,2 €.

3. Total: 352.812,38 €.

II. Pasivo (créditos, préstamos, débedas, etc.):