Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 23 de decembro de 2016 Páx. 55792

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2016 pola que se anuncia a licitación da contratación, por procedemento aberto unicriterio e tramitación ordinaria, non suxeito a regulación harmonizada e documentalmente simplificada, das obras de substitución das ventás exteriores de nove vivendas de protección pública e un local en Mugardos, A Coruña (expediente C-2016/REP 01).

1. Entidade adxudicadora.

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: obras de substitución das ventás exteriores de nove vivendas de promoción pública e un local en Mugardos, A Coruña.

b) Prazo de execución: oito semanas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, documentalmente simplificado.

c) Forma: unicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: noventa e un mil cento catro euros con trinta e tres céntimos (91.104,33 €), IVE excluído.

b) IVE (21 %): dezanove mil cento trinta e un euros con noventa e un céntimos (19.131,91 €).

c) Importe total: cento dez mil douscentos trinta e seis euros con vinte e catro céntimos (110.236,24 €).

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e técnica e profesional: as establecidas no PCAP.

7. Obtención de documentación.

– O prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP) e o prego de prescricións técnicas (PPT) polos que deberá rexerse a contratación poderán recollerse durante o prazo de presentación de proposicións no Servizo de Contratación, na sede central do IGVS (Polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela) e consultarse na páxina da internet: http://www/contratosdegalicia/resultado.jsp?N=82002

– Tamén no perfil do contratante: http://igvs.xunta.es/web/igvs/350

8. Presentación das ofertas.

As proposicións, que se axustarán ao modelo que se inclúe no correspondente PCAP, presentaranse no rexistro dos servizos centrais do IGVS, antes das 14.00 horas do vixésimo sexto (26º) día natural a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (nº 981 54 16 00) no mesmo día.

9. Posibilidade de variantes.

Non se admiten.

10. Apertura das ofertas.

O acto público de apertura do sobre B (documentación relativa a criterios avaliables mediante fórmulas) terá lugar nos servizos centrais do IGVS, na data que será anunciada con tres días hábiles de antelación á súa realización no perfil do contratante.

11. Gasto do anuncio.

O importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2016

A presidenta do Instituto Galego da Vivenda e Solo
P.D. (Resolución do 23.6.2010)
Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivienda e Solo