Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 23 de decembro de 2016 Páx. 55765

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 29 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2016199TA-CO, por infraccións en materia sanitaria.

Coa data 9 de novembro de 2016, a xefa territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2016199TA-CO incoado a Liquen Hill, S.L.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 42.2º da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e non sendo posible a súa práctica; por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita lei, notifícase a Liquen Hill, S.L. o contido de dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste ao abeiro do disposto na letra f) do artigo 64.2 e no artigo 76 da Lei 39/2015, para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación a interesada, en cumprimento co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Advírteselle que no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos na letra f) do artigo 64.2 da Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación a interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 29 de novembro de 2016

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 2016199TA-CO.

Interesada: Liquen Hill, S.L. (Discoteca Sarela).

DNI/NIF/CIF: B60869765.

Último enderezo coñecido: Codeseira de Vidán, 3, 15706 Santiago de Compostela.

Feito/s imputado/s: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.